Trátase de realizar un programa formativo, baixo a metodoloxía de formación-acción, que teña unha dobre finalidade:
Dinamizar socialmente ao sector vitivinícola para reforzalo e empoderalo como alternativa emerxente de emprego e/ou emprendemento.
Capacitar e cualificar a emprendedores e poboación activa en xeral, para afrontar os requirimentos técnicos, económicos e sociais que vai a supoñer a posta en marchada IXP, e o desenvolvemento da actividade.
Polo tanto, os principais obxectivos xerais do programa formativo centraranse en:
- Reforzar a participación do sector e activación do capital social: reforzar o empoderamento e notoriedade do sector, viticultores, adegueiros, etc.da zona comprendida na IXP Ribeiras do Morrazo.
- Impulsar a xeración de iniciativas de emprendemento, abordando unha análise conxunta das oportunidades presentes.
- Introducir criterios técnicos e aprendizaxes que implican a entrada no marco regulador da IXP, abordando a formación en aspectos de índole técnica, experimental, que melloren os coñecementos e capacitación profesional do sector.
A proposta de contidos didácticos para a IXP Ribeiras do Morrazo a desenvolver durante o periodo contemplado son 16 accións formativas (71 horas):
A modelización no desenvolvemento das IXP galegas.
Abordaranse contidos de Cooperación entre as IXP de viños de Galicia. Visita estudo IXP Val do Miño. A produción integrada/ecolóxica como modelo de referencia. A produción integrada/ecolóxica. Visita de estudo a explotación vitícola con produción integrada / ecolóxica
O programa de emprendemento cooperativo.
Abordaranse contidos sobre O salto á creación de iniciativas empresariais vitivinícolas. Fórmulas colaborativas de traballo organizativo e produtivo.Desenvolvemento Cooperativo. Visita de estudo cooperativa vitivinícola.
Capacitación e profesionalización no ámbito da viticultura.
Abordaranse contidos de As boas prácticas. A responsabilidade social e a sustentabilidade na vitivinicultura. Aspectos normativos para a xestión da viña e a adega. Os controis. As boas prácticas no viñedo. As boas prácticas na adega. As boas prácticas na distribución e comercialización. Imaxe comercial, información e comunicación co consumidor. Orientación ao mercado.